365 sorrisos continúa buscando cómplices para os Reis Magos

284

Este Nadal a Asociación 365 sorrisos pon en marcha a campaña solidaria "Tira do lazo" na que, as persoas que o desexen, poden ser cómplice dos Reis Magos. Poden escoller a carta dun neno ou nena seleccionados dende os Servizos Sociais municipais, na que exporán os tres regalos que desexan recibir.
Aqueles que sexan cómplices dos Reis Magos, elexirán un agasallo para mercarlle cun prezo máximo de 30 euros.
A asociación 365 sorrisos, a falta dunha semana para rematar a recollida de fichas, xa ten a metade cos cómplices dos reis magos (165), aos que agradece a súa colaboración.
O colectivo agarda que nos días que faltan, todos os nenos e nenas atopen ao seu cómplice.
Todas as persoas que queiran participar poden contactar coa asociación no facebook 365sorrisos, no e-mail: asoc365sorrisos@gmail.com ou no teléfono 673608227.