“El secreto del libro de Kells”

73

Proxección do filme de animación infantil “El secreto del libro de Kells” dentro do Ciclo de Cine Infantil organizado polo Museo de Pontevedra.

Brendan, un monxe de 12 anos, vive nunha remota abadía fortificada de Kells, na Irlanda do século IX. Xunto co resto de irmáns, axuda a construír unha muralla para protexer a abadía dos asaltos dos viquingos. Pero unha nova vida de aventuras preséntase ante el cando coñece un famoso mestre que chega de terras estranxeiras, coidando dun antigo libro máxico que está inaca-bado. Coa esperanza de rematalo, Brendan sairá da abadía por primeira vez…

Entrada gratuíta previa recollida de entradas. +info. www.museo.depo.es