“Domingos do Principal”

164

Festival de Teatro para toda a familia "Domingos do Principal".

Domingo 11 de xaneiro | 12:00 h. e 18:30 h. | Teatro Principal | “La vuelta al mundo”

Teatro de actor e monicreques con música en directo a cargo da compañía Gorakada Teatro (Euskadi), dentro do Festival de teatro para toda a familia “Domingos do Principal”, organizado polo Concello de Pontevedra.  Ao igual que Phileas Fogg é retado no Reform Club de Londres a dar a volta ao mundo en oitenta días, viviremos unha aventura que nos levará a viaxar en tren, en barco, en elefante… para poder gañar a aposta. Un espectáculo baseado no libro de Xulio Verne “A volta ao mundo en 80 días”. Premios FETEN 2013 á mellor dirección, mellor interpretación masculina, mellor adaptación teatral e mellor espazo escénico e iluminación. Duración: 60 minutos. Recomendado a partir de 5 anos.

Domingo 18 de xaneiro | 12:00 h. e 18:30 h. | Teatro Principal | "Malasombra"

"Malasombra", da compañía Au Ments Dansa-Teatro (Illes Baleares) é un conto inspirado en “A marabillosa historia de Peter Schlemihl” de Adelbert von Chamisso, unha novela romántica onde a sombra é asimilada á alma ou ao dobre de un mesmo. Pero…Que ocorrería se esta sombra fose roubada? Premios Escénica 2011 mellor escenografía, mellor iluminación, mellor intérprete de danza (Caty Carrasco) e mellor espectáculo de danza. Nominado ao premio revelación MAX 2012. Danza contemporánea, videocreación, música en directo, teatro de obxectos e sombras experimentais. Duración: 50 minutos. Recomendado a partir de 7 anos.

Domingo 25 de xaneiro | 12:00 h. e 18:30 h. | Teatro Principal | "Bailando sin zapatos"

Por LaSal Teatro (Andalucía). Direicho en voz baixa, porque é un segredo: Eu encárgome do mundo. Este é un traballo que ninguén coñece, pero que todo o mundo ve, e aínda que calquera o poida facer, case ninguén sabe que o pode levar a cabo. Pero algún día terei que deixalo. Busco a unha persoa que queira dedicarse a escoitar o mundo. Por iso estou aquí. Teatro de actor. Duración: 45 minutos. Recomendado a partir de 4 anos.

Domingo 1 de febreiro | 12:00 h. e 18:30 h. | Teatro Principal | "La gran A…ventura"

Por Marcel Gross (Catalunya). Espectáculo “30 aniversario”. Un gran A maiúsculo domina o cenário, é a letra A de Arte. Actuacións estelares de… Un gran papel prateado… un caldeiro do lixo… Unha viaxe a bordo dun A grandísimo… A camisa de papá… mimo… faquirismo… Premio mellor espectáculo Castilla La Mancha 2012. Nomeado mellor espectáculo de circo cómico premios Zirkolika 2011. Clown. Duración: 60 minutos. Recomendado a partir de 3 anos.

Domingo 8 de febreiro | 12:00 h. e 18:30 h. | Teatro Principal | "3, 2, 1…"

Por Teatro Ghazafelhos (Galiza). Un astronauta chega a un planeta descoñecido. Alí atópase cunha extraterrestre que tamén chegou de exploración. Logo do estraño encontro os dous cosmonautas comezan a convivir descubrindo sentimentos que xamais sospeitarían ter….3,2,1… É unha obra chea de humor e tenrura que nos chegará ao corazón. Teatro de actor, mimo, monicreques e música. Duración: 55 minutos. Recomendado a partir de 5 anos.

Domingo 22 de febreiro | 12:00 h. e 18:30 h. | Teatro Principal | "As fabas máxicas"

Por Caramuxo Teatro (Galiza). Xan vive agora nun pequeno apartamento dun dos edificios mais altos de Nova York. Coidando as plantas da súa terraza, descobre algo sorprendente, que lle lembra unha asombrosa infancia chea de aventuras. Unha visión contemporánea do coñecido conto infantil. Teatro de actor e monicreques. Duración: 42 minutos. Recomendado a partir de 4 anos.

Domingo 22 de febreiro | 12:00 h. e 18:30 h. | Teatro Principal | "Pulgarcito"

Por Teatro Paraíso (Euskadi). Unha nova versión do conto clásico de Perrault cun punto de vista contemporáneo. Segundo din, os contos inventáronse para durmir aos nenos e espertar aos adultos pero, e se os pais fos en nenos e os nenos adultos? Este é un espectáculo especialmente ideado para pais e fillos. Premio ao mellor espectáculo do Ciclo Barroco Infantil 2014 no Festival de Almagro. Premio Nacional de Artes Escénicas para a Infancia e a Xuventude 2012. Teatro de actor. Duración: 55 minutos. Recomendado a partir de 7 anos.

….

Abono para as 7 funcións: 21,00 € (gastos de tramitación incluidos).Podes mercar o teu abono exclusivamente por billeteira telefónica ou por internet.

Poderás escoller entre dous tipos de abono:

1) Abono de mañá: Darache acceso ao pase matinal das 12.00 h. nas 7 funcións do Teatro Principal.

2) Abono de tarde: Darache acceso ao pase das 18.30 h. nas 7 funcións do Teatro Principal.

Entrada única: 4,00 € por persoa e función (gastos de tramitación incluidos). Billeteira aberta 2 horas antes de cada función só no caso de non esgotarse na venda anticipada.

Ten en conta que para acceder ao recinto cada espectador debe ter unha entrada independentemente da súa idade.

Entradas anticipadas e abonos á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com