“Nana del caballo grande”. Exposición de María Maquieira

65

Exposición individual da artista coruñesa María Maquieira. Nesta mostra poderemos ver unha representación dos traballos que a artista realizou nestes dous últimos anos en Roma, cidade na que vive dende fai cinco, e en Polonia, tras unha residencia artística na Strzemiński Academy of Fine Arts de Łódź; así como algunhas das obras desenvolvidas en Galicia trala súa recente volta, grazas a unha beca concedida pola Fundación CIEC de Betanzos. Debuxo, acuarela, grabado e collage, son as técnicas que poderemos atopar nesta personal "Nana del caballo grande".

Poderase visitar ata o 16 de xaneiro, de martes a venres, de 11 a 14 h. e de 17:30 a 20:30 h. Sábados, de 11 a 14 h.