“O xoguete español. Un século de historia (1880-1980)”

71

Nesta exposición, que se presenta por primeira vez no Museo de Pontevedra, pódese contemplar unha selección dos mellores xoguetes e fabricantes españois dos século XIX e XX pertencente á colección Quiroga-Monte. Nela o visitarte poderá facer un recorrido por unha parte da historia contemporánea de España a través dos seus xogos e xoguetes xa que estes constitúen un fiel reflexo dos comportamentos, costumes, modas, sucesos e inventos ocorridos entre os anos 1880 e 1980.

Poderán contemplarse vehículos de xoguete que reproducen os modelos de cada época, (coma coches e camións, trens, barcos, avións, dirixibles, hidroavións, helicópteros, vehículos espaciais), cociñas que reproducían con fidelidade os prototipos dos fogares españois do momento, bonecas e bonecos cos que se poden coñecer os vestidos infantís máis característicos, dioramas e xogos de mesa.

Tamén pode o espectador observar, nos xoguetes nos que tamén están representados os diferentes oficios e personaxes, as técnicas de elaboración e os materiais empregados en cada momento: folla de lata, cartón, madeira, plástico.

Poderase visitar ata o 8 de febreiro no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra. Entrada polo Sexto Edificio. Rúa Padre Amoedo, 3. Horario: de martes a sábado, de 10 a 21 h. Domingos e festivos, de 11 a 14 h. Luns pechado.