Un orzamento inversor de máis de 69 millóns

122

A Xunta de Goberno tivo coñecemento esta mañá dos orzamentos municipais de 2015 que teñen unha contía de 69.500.000 euros, dos cales once millóns están destinados a inversións.

Raimundo 1O portavoz do Goberno e concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González Carballo indicou que son “uns orzamentos inversores que postan pola promoción da cidade tanto con eventos deportivos como culturais”. Destacou que incrementa o gasto social en máis de 100.000 euros, ao ter que tapar un oco de 80.000 euros menos que a Xunta detrae ao Concello de Pontevedra.

“Son os mellores orzamentos posibles, que suporán unha mellora importante da calidade de vida para os veciños de Pontevedra”, concluía Raimundo González quen explicou que dentro dunhas semanas saberase oficialmente se o orzamento municipal cumpre a lei de estabilidade orzamentaria.

Unha vez aprobado pola Xunta de Goberno, reuniuse a Comisión informativa de Economía e Facenda para darlle os orzamentos aos grupos da oposición. Por unanimidade acordaron recibir enmendas até o vindeiro 29 de decembro; celebrar unha nova comisión o vindeiro 2 de xaneiro, o pleno de orzamentos quedou para o vindeiro 7 de xaneiro.