Yago Vázquez Trio. Ciclo Jazz no Savoy

73

Concerto a cargo de Yago Vázquez Trio, dentro do Ciclo de Jazz organizado polo Savoy.

Yago Vázquez, pianista vigués afincado en Nova York, estudou no Conservatorio de Vigo, na Escola Estudio de Santiago e no Seminario de Jazz de Pontevedra.

Yago estudou con profesores como Sam Yahel, Júnior Mance, Chali Persip ou Kevin Hays. Actuou en festivais en Estados Unidos, Suíza, Inglaterra, Portugal e España e nalgúns dos máis prestixiosos clubs de jazz de Nova York. Tocou xunto a músicos como Reggie Workman, Billy Harper, Greg Ruggiero, Jeff Hirshfield ou Dave Schnitter. En 2011 publica “Chorale”, o seu primeiro disco como lider , co saxofonista Logan Richardson, o baixista Aidan Carroll e o baterista Tommy Crane.

Entrada de balde.