Comeza a instalación doutros dous novos pasos elevados na avenida de Compostela

76

O Concello de Pontevedra retoma mañá os traballos de remodelación da avenida de Compostela coa creación de dous novos pasos de peóns sobreelevados entre as glorietas de Pasarón e do Pavillón de Deportes.
A instalación dos pasos de peóns farase, primeiro, nos carrís de entrada á cidade, e posteriormente continuarán no outro sentido. Os traballos comezarán mañá, 8 de xaneiro, a partir das 09.30 horas e implicará o peche dun dos dous carrís de entrada á cidade no citado tramo, pero non implicará restriccións especiais de tráfico.
Antes do Nadal, a empresa que executa estes traballos xa deixou as beirarrúas preparadas para poder comezar nesta semana a instalación dos pasos elevados, uns traballos que se prolongarán durante uns días.