O Xurado decidirá o martes sobre os seis candidatos ao Cidade de Pontevedra

149

O xurado cualificador dos premios Cidade de Pontevedra 2014 reunirase o vindeiro martes, ás 13.00 horas na sala de comisións do Concello.
Ademais das candidaturas xa coñecidas, inclúese a do Cine Club Pontevedra que foi presentada en prazo, no Rexistro na Subdelegación do Goberno. Con esta última inclusión, as propostas son as seguintes:

• Modalidade de persoa física:
o Adrián Esperón Vidal, a proposta do Casino Mercantil e Industrial
o Jaime Bernardo Blanco Dios, a proposta da Asociación Andarís do Val do Lérez e conta con seguintes apoios:
• AA.VV. Eduardo Pondal
• AA.VV. O Castro-Mourente
• Asociación Sociocutural Cedofeita
• Comunidade de Montes de Lourizán
• CEIP San Benito de Lérez
• AA.VV. San Roque
• Club de Taekwondo Mace Sport
o Antón Sobral Iglesias, a proposta da Asociación cultural Ateneo de Pontevedra
• Modalidade de persoa xurídica:
o Asociación Cristóbal Colón Galega "Celso García de la Riega" a proposta do Centro Comercial Urbano "Zona Monumental".
o Asociación Amigos de la Pontevedrada, a proposta deles mesmos
o Cine Club Pontevedra, a proposta da Asociación Cultural Xen.