O CITA pecha as súas portas para realizar traballos de conservación

46

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) pecha as súas portas este mércores, 14 de xaneiro, para realizar traballos de mantemento e conservación nos achados arqueolóxicos, tal e como vén sendo habitual dende a súa apertura.
O peche está previsto entre os días 14 de xaneiro e 17 de febreiro, ambos incluídos, un período en que existe menos afluencia de visitantes ao centro.
Neste período haberá tres excepcións nas visitas porque xa están concertadas cos centros de ensino. Serán os días 28 de xaneiro, 4 de febreiro e 12 de febreiro.