“Bailando sin zapatos”. Domingos do Principal

63

Espectáculo a cargo da compañía Por LaSal Teatro (Andalucía) dentro do Festival de teatro para toda a familia “Domingos do Principal”, organizado polo Concello de Pontevedra.

Direicho en voz baixa, porque é un segredo: Eu encárgome do mundo. Este é un traballo que ninguén coñece, pero que todo o mundo ve, e aínda que calquera o poida facer, case ninguén sabe que o pode levar a cabo. Pero algún día terei que deixalo. Busco a unha persoa que queira dedicarse a escoitar o mundo. Por iso estou aquí.

Dobre función: pola mañá ás 12:00 h. e pola tarde ás 18:30 h. Teatro de actor. Duración: 45 minutos. Recomendado a partir de 4 anos.

Prezo: 4 €. Billeteira aberta 2 horas antes de cada función. Entradas anticipadas e abonos para as sete funcións (21 €) á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com