A vella ponte do tren en Monte Porreiro a piques de ser cedida ao Concello

86

En cuestións de semanas o Concello de Pontevedra disporá da vella ponte do tren sobre o río Lérez, en Monte Porreiro, e de todos os terreos propiedade de Adif vinculados á ponte. Así o anunciou esta mañá o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera quen explicou que o Concello xa dispón dun borrador de convenio que se poderá asinar en cuestións de semanas no que Adif cederá por 75 anos este espazo de máis de 8.000 metros cadrados, para transformala nun paso peonil entre a parroquia de Lérez e Monte Porreiro contribuíndo a mellorar a  mobilidade entre ambos lados do río e os equipamentos de todo o entorno natural no que se atopa.
César Mosquera explicou que o Concello xa está a estudar as posibilidades de conexión desta ponte, e aínda que é factibel que sexa mellorada para uso cidadán cun inversión escasa -o máis costoso sería o adecentamento da propia ponte-, si resulta máis complicado facela accesíbel dado que as cotas coas que se traballa son moi elevadas. "Farase o que se poida", concluíu o concelleiro.

Ver documento PDF