Estrea de “O crédito”

50

Cando necesitas cartos vas ao banco e pides un crédito. Se non cho conceden, volves para a casa, coa cabeza gacha, pensando que as cousas están moi mal, que o crédito non flúe… Pero se cadra hoxe non. Quizais hoxe porás as cartas sobre a mesa e dirás ao director da oficina que hoxe es ti quen ten o burro pola corda e que se non che dá os cartos pensas emprender medidas de forza, medidas realmente potentes. Nada violento, vállame Deus, iso non, pero hoxe, se o señor director non che solta a pita, iniciarás unha acción definitiva que conver-terá a súa vida nunha catástrofe.

A obra “O crédito”, de Jordi Galecerán está dirixida por Fernando Bernués e protagonizada por Antonio Durán “Morris” e Pedro Alonso.

Entradas á venda en www.servinova.com a un prezo de 12 € (10 € para estudantes, parados e xubilados) e o mesmo día 1 hora antes na billeteira.