Rematadas as obras da rede separativa na praza de Galiza

47

O concelleiro delegado do ciclo da auga, Raimundo González Carballo explicou esta mañá que as obras de instalación da rede separativa na praza de Galiza está practicamente rematada. Só está pendente do fresado e asfaltado dos cruzamentos na avenida Augusto García Sánchez e tamén en Andrés Mellado, así como adaptar as canalizacións en superfice das augas pluviais.

Segundo Raimundo González, o custe desta obra que permitiu cambiar os servizos de auga potable e separar as augas pluvias e fecais instalando novas canalizacións, tivo un custe de 372.000 euros.

Dentro do proxecto de estender a rede separativa ao resto da cidade, e as zonas que aínda non dispoñen delas, están as obras do Gorgullón que teñen un custe de 318.382 euros e que xa están rematadas no tramo da rúa do Muíño. Neste punto xa se instalaron a canalización de 800mm para a rede de pluviais e de 500mm para a de fecais. Esta obra permitirá incrementar o caudal para desaugar as pluviais cara o río Gafos e evitará as anegacións habituais na rúa Gorgullón durante o inverno.

A continuación as obras seguirán pola rúa Gorgllón, onde ademais de continuar coa rede separativa tamén se instalarán novas canalizacións para a rede de auga potábel. Segundo indicou o concelleiro Raimundo González Carballo, estes traballos poderán  durar arredor de mes e medio.

Tamén nestes días comezarán os traballos para mellorar as instalacións da rede de auga potábel na rúa Alemaña por valor de 85.286 euros, segundo informou esta mañá o concelleiro Raimundo González Carballo. Esta obra que se realizará entre as rúas Armórica e Bélxica, permitira eliminar unha avería permanente que se produce nese tramo ao ter unha tubaxe de fibrocemento. Agora instalarase unha de fundición.