Comisión de deslinde co Concello de Poio

68

O Concello de Poio celebrará este xoves, 5 de febreiro, a reunión da Comisión de deslinde entre os concellos de Poio e Pontevedra. A esta reunión asistirá o Concello de Pontevedra, representado por distintos concelleiros da Corporación, que mantiveron esta mañá un encontro para consensuar a postura que se defenderá o xoves.

Segundo o concelleiro de Patrimonio, Vicente García Legísima explicou que Pontevedra defenderá a postura do pasado 21 de marzo de 2013, data da última comisión de deslinde na que participaron os dous concellos e que consistía en defender o linde actual. Pola súa banda, o Concello de Poio reclama como linde o río Rons, o que implicaría deixar no Concello de Poio a ponte das Correntes, parte da Xunqueira de Alba, ou o parque de bombeiros (aunque a propiedade sería de Pontevedra).

A reunión foi convocada pola Xunta de Galicia e nela participará o Instituto Xeográfico Nacional que no caso de non chegar a acordos, emitirá un informe que se ben non é vinculante para a Xunta, si pode aclarar cal será o criterio técnico de deslinde entre os dous concellos.