XXXIII Ruta Cicloturística do Románico

100

O Concello de Pontevedra volve colaborar un ano máis coas Rutas Cicloturísticas do Románico que hoxe presentou a súa nova publicación que alcanza a 33 edición.

A pesares de que as rutas xa non saen á estrada, a Asociación volve a organizar distintas actividades ao longo do ano. Serán un ciclo de conferencias adicadas ao patrón da Fundación San Rafael Arnáiz Barón, para dar a coñecer máis detalles sobre a súa vida e os seus escritos. Será en marzo.

Outro dos ciclos de conferencias será sobre O arte en Galicia. Será no Sexto edificio do Museo no mes de abril.

E o último dos ciclos será o XVIII Curso Internacional sobre o Camiño de Santiago e o arte, tamén no Sexto edificio do Museo no mes de maio.

Tamén haberá concertos de música clásica no Teatro Principal, así como nas igrexas de San Francisco e Santa María. Estas dúas últimas serán o 22 de febreiro e 26 de abril, respectivamente.