St. James Street Band

88

Concerto da St. James Street Band dentro do Ciclo de Jazz organizado polo Café Savoy de Pontevedra.

St. James Street Band nace de levar o jazz á rúa, de dar a coñecer estilos como o dixieland ou o second line e que soe nas rúas a alegre música de baile dos anos 20. un amplo repertorio con temas frenéticos e melancólicos, que recrean a situación social da época, felices anos vinte, tristes anos trinta.

A formación a quinteto, con instrumentación de trompeta, saxo, tuba, banxo e batería adoita ser a máis habitual; pero pode variar en función das esixencias da actuación, podendo converterse en cuarteto ou sexteto engadindo instrumentos como o piano, trombón saxo ou contrabaixo.

O ritmo, a calidade musical e o bo humor son a tarxeta de visita da St. James Street Band.

Entrada de balde.