Mostra da Parodia, Desfile e enterro de Ravachol, fin de festa do Entroido

131

Pontevedra encara a recta final do entroido. A XX Mostra da Parodia, o desfile do entroido e o enterro do Ravachol son as propostas para esta fin de semana.

            O XXIV concurso de Murgas rematou coa seguinte clasificación:

  1. Os da Baiuca do Grove
  2. Equipo Ja Pontevedra
  3. Murga PTV Miguelianas
  4. Murga Femenina Pontevedra Pantojas presidiarias

A programación para hoxe e para esta fin de semana é a seguinte:

            Venres, 20 de febreiro

  • 23.00 horas. Prazas e rúas da cidade. XX Mostra da Parodia do Entroido
  • 02.00 horas. Praza da Ferraría. Entrega de premios da XXIV Mostra da Parodia do Entroido. Os grupos participantes son:
  • Os do Val do Lérez. Praza de España
  • Vamos a todo. El duelo del siglo. Praza de Ourense.
  • Amoriños de Bora. Praza da Peregrina
  • Os das pistas, el guiñol pirata. Casa Alcalde
  • Torneo medieval. Cruzamento Michelena-Gutiérrez Mellado
  • Os de sempre. Praza de Ourense
  • Equipo Ja. Benito Corbal diante do estanco.
  • Os Fojeiras de Sanxenxo: abierto 24 horas. Praza da Ferraría

Sábado, 21 de febreiro

  • 11.00 horas. Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Os Canecos
  • 16.00 horas. Rúa Xosé Malvar. Concentración dos  participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número de participación.
  • 17.00 horas. Desfile do Entroido. Saída dende a rúa Xosé Malvar, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa Alameda
  • 20.00 horas. Praza da Ferraría. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades.

            Domingo, 22 de febreiro

  • 12.00 horas. Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo
  • 18.00 horas. Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso
  • 20.30 horas. Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e as comparsas Val do Lérez, Amoriños de Bora,  Os Paparrulos, O Cientolos, Os Solfamidas, Las Flores del Carnaval e Vamos a Todo e Os da Caña percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría
  • VELADA INFAUSTA. Cabodano das honras fúnebres do fenecido Ravachol. Praza da Ferraría. Procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar unha sentida coroa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico. Programa:
  • 1º Introito coa lectura dunha elexía para o finado
  • 2º Celme, danza da morte
  • 3º Os de Algures: Perfecto Feijoo na  Memoria da Boa Vila
  • 4º Val do Lérez
  • 5º Incineración  do loro Ravachol
  •  17.00 horas. Campo da festa de Cabaleiro. Recuperación do entroido tradicional de Campañó. A Corrida da Rosca.