Pontevedra encara a recta final do entroido. O desfile do entroido e o enterro do Ravachol son as propostas para esta fin de semana.
PREMIOS DA XX MOSTRA DA PARODIA
- 1º premio: Equipo Ja
- 2º premio: Val do Lérez. O bicheiro “El musical”
- 2º premio: Os de sempre
- 3º premio: Os Fojeiras de Sanxenxo. Abierto 24 horas
- 3º premio: Amoriños de Bora
- 3º premio: Torneo Medieval. Recreativa de Xeve
A programación de mañá é seguinte:
Domingo, 22 de febreiro
- 12.00 horas. Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo
- 18.00 horas. Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso
- 20.30 horas. Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e as comparsas Val do Lérez, Amoriños de Bora, Os Paparrulos, O Cientolos, Os Solfamidas, Las Flores del Carnaval e Vamos a Todo e Os da Caña percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría
- VELADA INFAUSTA. Cabodano das honras fúnebres do fenecido Ravachol. Praza da Ferraría. Procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar unha sentida coroa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico. Programa:
- Introito coa lectura dunha elexía para o finado
- Celme, danza da morte
- Os de Algures: Perfecto Feijoo na Memoria da Boa Vila
- Val do Lérez
- Incineración do loro Ravachol
- 17.00 horas. Campo da festa de Cabaleiro. Recuperación do entroido tradicional de Campañó. A Corrida da Rosca.