Volven as Andainas!

768

A Concellaría de Medio Ambiente volve a organizar unha nova edición das Andainas. A primeira edición naceu no ano 2008 e continúa co mesmo espíritu que no seu inicio: facer deporte dun xeito sinxelo e gozar da natureza. A concelleira Anxos Riveiro destacou a importancia destas rutas (dúas totalmente novidosas) para coñecer o patrimonio natural e cultural dos espazos que se propoñen para coñecer.

A primeira ruta é este domingo no Litoral de Castrelo, en Cambados. As persoas interesadas poderán inscribirse dende mañá no teléfono 986 80 43 00 ext 75 84. Para o resto de andainas as inscricións comezarán os luns.