Rock & Lérez, programa do Local de ensaio para grabar actuacións en directo

157

A Concellaría de Xuventude, a través do Local de ensaio de Pontevedra pon en marcha un novo programa para difusición da escena pontevedresa. Baixo o título Rock & Lérez, faranse grabacións de actuacións en directo no Local de Música de Pontevedra.

Neste programa poden participar os grupos de música da cidade que o desexen, sexan ou non usuarios do Local.

A organización irá programando as sesións de grabación, aglutinando desde o seu criterio aos grupos presentados.

As persoas que queiran poderán participar na produción ou como público. Os interesados poden contactar co Local de ensaio.