A Concellaría de Festas organiza unha nova edición do programa Cantos de Taberna que se volverá a celebrar todos os últimos venres de mes dende febreiro até o mes de xuño. O calendario previsto e os bares e grupos que participarán son os seguintes:
- 27 de febreiro: O milano dos mares e Penela. O grupo será Maravallada.
- 27 de marzo: O Reixas e Navarra. O grupo é Os Perucos.
- 24 de abril: O Lar e Machuco. O grupo é Maghua
- 29 de maio: O Brasilia e Rebusco. O grupo é Antaruxas e sorteiros
- 26 de xuño: O Timón e Diaño. O grupo é Maravallada.