Sale a contratación a terceira fase da rehabilitación da estrada ao Regueiriño

129

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o proceso de contratación da terceira fase da rehabilitación da estrada ao Regueiriño, na parroquia de Lourizán. Trátase dun proxecto que está valorado en 241.242,32 euros.

A esta obra déuselle prioridade no consello parroquial de Lourizán e presentada aos veciños do lugar, xa que era unha das demandas máis importantes da parroquia. Debido ao seu custe (cada unha das fases superou os 200.000 euros) o Concello tivo que facer fronte a ela en distintas anualidades, e con esta terceira fase remátase a rehabilitación desta estrada, que contará con novo firme, medidas de calmado de tráfico e mellora da accesibilidade.