Filosofía e sexualidade, temática da XXXII Semana de filosofía

138

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá a Aula Castelao de Filosofía que organizará a XXXIII edición da Semana de Filosofía a partir do vindeiro 6 de abril baixo o título “Filosofía e sexualidade”. Abordará esta temática dende todas as súas perspectivas: educación sexual, enfermidades, aborto, pornografía, prostitución…

O alcalde indicou que o Concello continuará a apoiar á Aula Castelao de Filosofía para organizar estes foros de debate que fan de Pontevedra o referente do Estado en filosofía durante o ano.