O Concello constitúe o Consello das mulleres novas con motivo do 8 de marzo

178

A Concellaría de Muller inicia mañá os primeiros actos de celebración do día 8 de marzo, Día internacional da Muller. Trátase da constitución do Consello das mulleres novas, que será a partir das 18.00 horas no Teatro Principal. Nesta reunión os asistentes falarán da situación das mulleres ao redor da data do 8 de marzo, e contarán coa actuación dos Coros do IES Luís Seoane e o grupo de rock Stock do mesmo instituto.

A campaña terá continuidade o mesmo día 8 de marzo, coa posta en escea da obra de teatro As fillas bravas, a cargo do grupo Chévere.  A obra será ás 20.00 horas no Teatro Principal. A entrada é de balde.

Consello da muller nova