Reparación do cruzamento de Benito Corbal con Daniel de la Sota

122

O Concello de Pontevedra inicia mañá a reparación do cruzamento das rúas Benito Corbal con Daniel de la Sota e Cobián Roffignac. Trátase dunha actuación que consistirá en retirar o pavimento actual que está danado e non resulta o idóneo para este espazo de preferencia peonil, e substituirase por asfalto.

Os traballos consistirán no fresado deste cruzamento, e reparar o espazo aplicando asfalto que posteriormente será pintado de granate. Ademais, a súa preferencia peonil irá indicada no chan cunha sinalización de zona residencial.

Debido a que o resultado da anterior reparación non foi a esperada polo Concello, a empresa volverá a reparar a zona a cargo do custe da anterior intervención, que aínda non está abonada.

Estes traballos obrigarán a restrinxir o acceso ás rúas Castelao e Daniel de la Sota dende o cruzamento de Sagasta con Cruz Gallástegui. Ademais, colocarase sinalización circunstancial de restricción de acceso garantindo o acceso a garaxes e servizos.