Alfonso del Val, experto ambientalista, nas xornadas sobre compost en Pontevedra

198

O Concello de Pontevedra organizará o vindeiro mércores, 11 de marzo, dúas novas conferencias sobre compost no Teatro Principal. A sesión comezarás ás 20.15 horas e contará coa presenza de Marta Domínguez Domínguez, xerente do Complexo medioambiental de Lousame e o recoñecido experto en materia ambiental e de compostaxe, Alfonso del Val.

Curriculums

O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera tamén explicou esta mañá que o Concello xa dispón dun borrador de contrato entre a Comunidade de Montes de A Canicouva e o Concello de Pontevedra para pór a disposición das hectareas necesarias para a construcción da planta de compost. Neste borrador de contrato figura que o obxectivo do contrato será a construcción dunha planta de compost, pero nunca unha incineradora ou un vertedoiro, o que deixa claro cal é o único propósito da planta.

No contrato tamén figura que as contías que percibirá a comunidade de montes será de 2.000 euros por hectárea cedida ao ano; e 0,40 euros por tonelada tratada.

Segundo explicou César Mosquera, unha vez que estea aprobado este contrato haberá un período de exposición pública dun mes por se algunha outra comunidade desexa facer algunha outra oferta.

Borrador contrato planta de compost