Casazul impartirá cursos de xestión ás asociacións que forman o proxecto Hedra

130

O proxecto Hedra mantivo onte pola tarde unha reunión de balance de actividades destes últimos anos. Nesta xuntanza á necesidade máis demandada foi a de formación en xestión, polo que o Concello comprometeuse a facer unha proposta formativa, dividida por módulos, que se impartirán ao longo do ano, e centrada nas demandas das propias asociacións.

            En Hedra, Casazul traballo co concepto de crear unha estructura forte con apoios mútuos. Trátase de dar soporte ás asociacións da cidade que precisan espazos para súas actividades e a súa xestión. A Casazul é o lugar escollido para facelo e nela dispoñen de despachos, aulas, cociña, obradoiros e material audiovisual e informático. A cambio, as asociacións programan actividades para a participación de todos os veciños e veciñas, favorecen o asociacionismo e a cohesión social.

            Na actualidade teñen sede na Casazul as seguintes entidades (o cal non implica que manteña colaboración con outras):

  1. Federación de Asociacións de persoas xordas de Galicia
  2. Manaia, Asociación galega de axuda á adopción
  3. Alcólicos anónimos
  4. Black Box Project
  5. AA.VV. Santa María
  6. Arxilarte. Asociación Cultural de Ceramistas
  7. Medrando á par, Servizo integral educativo de apoio á familia
  8. Asociación Cultural Trepia
  9. Adipo. Asociación de Deseño, innovación produción e oficios
  10. Asociación de nenos diabéticos, Anedia
  11. Asociación galega de parkinson
  12. Asociación de persoas xordas de Pontevedra.