Coller, esterilizar, ceibar, a nova campaña da Concellaría de Sanidade Animal

283

A Concellaría de Sanidade Animal, que xestiona Miguel Filgueira, puxo en marcha este ano a campaña CEC (Coller, esterilizar e ceibar) de esterilización de gatos nas colonias do centro urbano. Na actualidade a Concellaría en colaboración dunha vintena de voluntarios xa esterilizou a 180 gatos, e pretende rematar este ano facendo arredor de 100 actuacións máis. “Estamos empezando a ter resultados”, explicaba esta mañá Miguel Filgueira quen recoñecía que era un problema bastante importante pola cantidade de animais soltos que hai polos barrios da cidade.

Esta campaña pretende actuar nas colonias do centro urbano dando prioridade ás femias, xa que soen parir entre tres e catro veces ao ano.

Farase un censo de colonias, e a cada gato esterilizado faráselle unha ficha cunha serie de datos para telos controlados e facerlles un seguimento.

Nos lugares das distintas colonias colocaráselles un cartel advertindo que son colonias xa tratadas polo Concello, así como advertindo á cidadanía que non lle dea de comer mentres se está tratando de capturalos para esterilizalos.

Tamén se lles entregará un carné aos voluntarios para identificalo como tal.

Esta campaña ten un orzamento duns 5.000 euros.

Na actualidade, a Concellaría ten detectadas as seguintes colonias:

  • Arcebispo Malvar
  • Santa María
  • O Burgo
  • Pavillón municipal
  • Náutico
  • Museo
  • Praza da Pedreira
  • Hospital
  • Gorgullón
  • Estación de autobuses
  • Ernesto Caballero
  • Praza de Touros
  • Médico Ballina
  • San Antoniño
  • A Parda
  • Os Gafos

Na maior parte xa se actou, e noutras comezarase nesta campaña, seguindo sempre o criterio de actuar nas rúas máis céntricas e continuar, despois, polos barrios máis periféricos.