Comezan obras de mantemento e reparación en distintas rúas da cidade

148

O Concello de Pontevedra realiza mañá e o luns distintas obras de reparación en diversas rúas cénticas da cidade. Son traballos que quedaran suspendidos os pasados 26 e 28 de febreiro debido ás malas condicións meteorolóxicas do momento.

Traballos do sábado, 7 de marzo:

  • Obras de asfaltado na glorieta José Malvar con Loureiro Crespo. Comezarán ás 08.00 horas e rematarán ao longo da mañá. Produciranse cortes e desvíos da circulación de vehículos polas rúas estremeiras.
  • Reposición de asfaltado na rúa da Seca. Comezarán ás 11.00 horas e rematarán esa mesma tarde. Darase paso alternativo aos vehículos no punto de corte.

Traballos do luns, 9 de marzo:

Obras de reposición de asfalto na rúa Italia, no barrio de Monte Porreiro. As obras comezarán o luns ás 09.30 horas (logo da entrada dos centros de ensino). Quedarán finalizadas na mesma mañá.
Obras de reposición de asfalto na rúa Carrasqueira. Comezará ás 15.00 horas do luns e rematarán no mesmo día. Anúlase parte do estacionamento e péchase a circulación de vehículos pola rúa.