O IES Nº1 de Carballiño gaña o Club de Debate, e o IES Luís Seoane, subcampión

126

O IES Nº1 de Carballiño foi o gañador desta nova edición do Club de Debate que organizou durante toda a xornada de hoxe a Concellaría de Normalización Lingüística no Pazo da Cultura. O segundo equipo gañador foi o do IES Luís Seoane. Ambolosdous centros pasarán á fase final galega que se desenvolverá o vindeiro 26 de abril, no concello de Carballo.

Nesta edición tamén participaron os centros A Xunqueira I, Valle Inclán, e o IES de Ponte Caldelas.

A xornada desenvolveuse nun excelente ambiente de traballo e competición, tal e como requería a convocatoria. O concelleiro de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez trasladou os seus parabéns a todos os participantes e destacou o elevado nivel de todos os equipos que concurriron a esta edición do Club de Debate, polo que o xurado non tivo una elección fácil

O campión recibirá un vale de 500 euros para o equipo, para mercar libros ou banda deseñada en galego; e un libro de discursos (Sempre en Galiza, de Castelao) para ter exposto no IES até o vindeiro Club de Debate. Ademais participará na fase final galega do Club.

O segundo clasificado recibirá un vale de 300 euros para os membros do eqipo para mercar libros ou banda deseñada en galego, así como o acceso á fase final galega do Club de Debate.

O Club de Debate é un programa que organiza o Concello de Pontevedra para promover o uso da lingua galega entre a mocidade. Este ano, os concellos de Pontevedra e do Carballiño colaboraron na organización da fase eliminatoria que se desenvolveu hoxe na nosa cidade.

Sobre a fase galega, res zonas de competición agruparán os equipos procedentes dos diferentes concellos:

Carballo, Ferrol e Negreira
Ames, Rois e Santiago de Compostela
Pontevedra e O Carballiño