“La gran A.ventura” do clown Marcel Gross, indiscutíbel gañadora de Domingos do Principal

123

Rematou Domingos do Principal 2015 , o festival de teatro familiar promovido polo Concello de Pontevedra e coordinado por Teatro Akatro.

4.846 espectadores gozaron dos distintos espectáculos durante estes sete domingos que durou o festival.

Nesta edición como nas anteriores, o público puido dar a súa opinión sobre os espectáculos e sobre a organización a través dunha papeleta de valoración.

As papeletas de votación están estruturadas de tal xeito que  votan por separado os maiores e os menores de trece anos. Mentres os maiores usan unha táboa do un ao dez, os pequenos marcan nuns cadros onde elixen entre: Non me gustou nada, gustoume pouco, gustoume bastante, gustoume moito.  Tamén hai un espazo reservado para críticas e suxestións que usan tanto grandes como pequenos.

Esta iniciativa tivo unha gran acollida entre o público que se achegou domingo tras domingo ao teatro facendo así o ciclo máis dinámico debido á súa participación e fomentando o espírito crítico nos máis pequenos.

Nesta edición  o espectáculo mellor valorado  tanto polos maiores de trece anos como polos menores de trece anos foi “La gran A ventura “ do clown catalán Marcel Gross. Con 9,88 e 9,61 puntos de media respectivamente.

O segundo mellor valorado polos menores de 13 anos :

  • Teatro Gorakada con  “La vuelta al mundo en ochenta días” con  9,51 puntos de media. O segundo mellor valorado polos maioresde 13 anos :
  • Teatro paraiso coa súa versión de “Pulgarcito” con 9,47 puntos de media. O terceiro mellor valorado polos menores de 13 anos :
  • Teatro Gorakada con  “La vuelta al mundo en ochenta días”  9,37 puntos de media. O terceiro mellor valorado polosmaiores de 13 anos :
  • Teatro paraiso coa súa versión de “Pulgarcito” con 9,48 puntos de media

O balance non pode ser máis positivo para un ciclo de teatro familiar que xa é un referente non só pola calidade e a variedade dos espectáculos, senón polo éxito de público.

Tantos anos de programación de teatro familiar de calidade deron para ter un público fiel, exixente e ao mesmo tempo educado teatralmente, esta cuestión  merece ser remarcada pola reiteración que nos fan os membros das distintas compañías ao rematar as funcións.

 Puntuacións medias obtidas:

  • Teatro Gorakada: “La vuelta al mundo en ochenta días”

Menores de 13 anos: 9.51 SEGUNDO MÁIS VOTADO
Maiores de 13 anos: 9.37 TERCEIRO MÁIS VOTADO

  • Lasal teatro: “Bailando sin zapatos”

    Menores de 13 anos: 8.80
    Maiores de 13 anos: 7.90

 

  • Au Ments Danza: “Malasombra”

    Menores de 13 anos: 7.29
    Maiores de 13 anos: 7.21

 

  • Marcel Gros: “La gran aventura”

Menores de 13 anos:9.88 MÁIS VOTADO
Maiores de 13 anos: 9.61 MAIS VOTADO

  • Teatro Ghazafelhos: “3,2,1…”

    Menores de 13 anos: 9.14
    Maiores de 13 anos: 8.42

 

  • Caramuxo Teatro: “As fabas máxicas”

    Menores de 13 anos: 8.72
    Maiores de 13 anos: 8.21

 

  • Teatro Paraiso: “Pulgarcito”

Menores de 13 anos: 9.48 TERCEIRO MÁIS VOTADO
Maiores de 13 anos: 9.47 SEGUNDO MÁIS VOTADO