Aprobada a contratación da nova praza diante do Hospital

86

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a apertura da licitación do proxecto de construcción dunha praza na rúa Loureiro Crespo, diante do Hospital Provincial. Trátase dunha obra que terá un investimento de 417.252,52 euros para a creación dunha praza arborada, de 1.200 metros, cadrados entre as rúas Cobián Areal e a entrada de Urxencias do Hospital.

Con esta aprobación, iníciase o procedemento de contratación que terá unha duración estimada duns tres meses, segundo indicou o portavoz do Goberno, Raimundo González Carballo.