O Consello dos nenos estuda vantaxas e necesidades dos Camiños Escolares

121

A Casa das Campás acolleu esta mañá unha nova reunión do Consello dos nenos e das nenos dos Camiños Escolares, á que asistiu o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, a concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva e o intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle.

Neste novo encontro os nenos expuxeron as vantaxas e os aspectos a mellorar do sistema implantado nas rúas da cidade para que os nenos acudan sós aos centros de ensino.

Entre os aspectos a mellorar están:

  • Máis información ao resto dos pais/nais dos colexios, implicando tamé a todos os que veñen cos seus fillos a estar atentos aos rapaces que veñen sós. (CEIP Álvarez Limeses).
  • Poñer sinais indicando que van nenos sós. Soterrar os contenedores de lixo ou separalos dos pasos de peóns. (CEIP Praza de Barcelos).
  • Ampiar o horario dos colaboradores para axeitalo tamén ao plan madruga e á saída do comedor e ás actividades da tarde. (CEIP Froebel).
  • Redistribuír e ampliar o número de colaboradores x que algúns pasos de peóns quedan sen cubrir. Faltan axentes nos seguintes puntos (CEIP Manuel Vidal Portela):
    • Na rúa Padre Gaite
    • Rotondas de José Malvar
    • Fronte á praza 8 de marzo.
    • Avenida de Lugo
    • Avenida de Bos Aires.
  • Solucionar os problemas de estacionamento, xa que hai condutores que non respectan aínda os lugares axeitados para estacionar, entorpecendo o traballo dos colaboradores (CCP Doroteas).
    Que os semáforos cambien antes a verde cando se pulsen, revisar as árbores por se teñen ponlas en mal estado. E novos monitores en (CEIP Campolongo):

    • Praza de Galicia
    • Alcalde Hevia co paseo peonil dos Gafos
    • Na rúa Iglesia Vilarelle, diante do hórreo e do parque do Cogumelo
    • Agusto García Sánchez
  • Curso para os voluntarios para que teñan o mesmo criterio nos cruzamentos, e aos alumnos para respectar as normas viarias. (CEP Marcos da Portela).

Entre as vantaxas que relataron os rapaces membros do Consello dos nenos e das nenas están:

  • Grazas a este programa aprendemos a ser máis independentes, autónomos e responsables. Ensínanos a coñecer as rúas,  é unha boa forma de aprender a orientarse sos. Supón tamén unha tranquilidade para as nosas familias xa que os colaboradores coidan de nós nos lugares máis perigosos do noso percorrido pola cidade. (CEIP Marcos da Portela).
  • Podemos quedar cos amigos para ir ao colexio, non só de noso centro senón tamén doutros colexios que fan así unha ruta máis divertida e amena. Coñecemos tamén aos colaboradores que co tempo acabarán sendo amigos. (CCP Doroteas).
  • Outro beneficio de vir á pé é que facemos exercicio físico e chegamos á escola máis despexados e con máis ganas de estudar. (CEIP Campolongo).
  • Aprendemos seguridade viaria e as normas de ciruclación. Evitamos accidentes de circulación. Durante todo este programa non houbo ningún. Os condutores tamén están máis atentos a todos os colaboradores que fan un camiño escolar máis seguro. (CEIP Praza Barcelos).
  • Desconxestiónase o tráfico na cidade xa que temos que utilizar menos coches, aforrándolle tamén en combustible os nosos pais e contaminando moito menos. Evitamos o estrés ás horas puntas. (CEIP Froebel).
  • Os pais/nais vanse ao traballo máis tranquilos sabendo que os nenos van chegar a tempo e sen problemas ao seu centro escolar. Hai unha maior conciliación da vida familiar e laboral. (CEIP Álvarez Limeses).
  • En definitiva, son moitas as vantaxes do programa, xa que nos axuda a nós, os rapaces, aos pais/nais, a todos os conductores e ao medio ambiente. (CEIP Vidal Portela).