Alfonso del Val: “Se se fai compost, a afección sobre o medio ambiente é totalmente nula”

197

O Teatro Principal acolle esta tarde a conferencia do consultor ambiental Alfonso del Val sobre a compostaxe, que está enmarcada dentro das conferencias programadas polo Concello na campaña informativa sobre a planta de composta prevista na Canicouva. Alfonso del Val visitou esta mañá os terreos nos que se instalará a planta de composta, logo deu a súa opinión á prensa.

Segundo Del Val “se se fai compost a afección sobre o medio ambiente é totalmente nula”. Indicou que non cheira mal nin ten afeccións de ningún tipo dado que os lixiviados teñen que ser empregados para regar o propio compost. E a Lei de residuos da Unión Europea obriga a reciclaxe dos residuos orgánicos dende hai catro anos.