Na procura dos valores da cidade nas XIV Xornadas de interpretación do Patrimonio

87

Baixo o  título “ a Interpretación do patrimonio e a construción colectiva dos valores patrimoniais” celébranse en Pontevedra las XIV Xornadas de Interpretación do Patrimonio. Do  12 ao 15 de marzo, o Pazo de Mugartegui, a Casa das Campás e o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) acollerán aos participantes nas distintas actividades programadas pola Asociación para a Interpretación do Patrimonio (AIP).

O xoves 12, a media mañá, será a intervención de Luis Bará “Pontevedra, cidade accesible”, na sesión da tarde levarase a cabo o obradoiro “seis principios para un bo comezo” sobre os fundamentos da Interpretación do Patrimonio,  impartido por Isabel Fernández, Mavi Lezcano e Aracely Serantes, integrantes do grupo galego da AIP e expertas na disciplina.

O venres 13, Francisco Quiroga García falará de Procomún e haberá unha mesa de experiencias relacionadas co patrimonio de Pontevedra e Galicia,  á tarde o casco histórico será obxecto da catrografía colectiva das súas riquezas patrimoniais.

O sábado 14, posterior á súa asamblea anual socias e socios da AIP visitarán a Comunidade Veciñal de Montes de Man Común de Salcedo. As xornadas rematan o día domingo 15 coa visita ao xacemento arqueolóxico de Campolameiro.

Ao concluír as xornadas terase unha idea de como é a percepción que teñen da cidade cidadáns e visitantes, segundo os expertos en comunicación dos valores do patrimonio, é algo fundamental para orientar as intervencións  no patrimonio que garantan a divulgación dos valores atribuídos e mesmo a conservación do legado patrimonial.

Xornadas para a interpretacion do patrimonio