O Concello ensina aos estudantes de Primaria o uso racional da auga

110

O Concello de Pontevedra en colaboración coa empresa concesionaria do servizo de abastecemento e saneamento da cidade, Viaqua, puxo en marcha esta semana nos centros de ensino do concello un obradoiro escolar sobre a auga “Aqualoxía”, co propósito de concienciar aos máis pequenos sobre o uso axeitado e racional da auga.

O obradoiro estará dirixido a alumnos de terceiro curso de primaria de todos os centros educativos do municipio. Será unha sesión dunha hora de duración que se desenvolverá na aula en horario lectivo.

Ademais de concienciar sobre a importancia da auga, o obxectivo deste proxecto é potenciar a participación e interacción dos alumnos mediante o uso das novas tecnoloxías.

A sesión consistirá una proxección dos personaxes animados de Aqualogía, que explicarán o ciclo da auga. A partir de aí, comeza a historia do ciclo integral da auga con talleres interactivos e experimentos adaptados á idade de cada curso, para que poidan entender o que significa o uso racional da auga.

Os centros que participarán neste proxecto son:

  • Os Sauces
  • CEIP A Carballeira
  • CEIP de Cabanas
  • CEIP de Marcón
  • CEIP Manuel Vidal Portela
  • CEIP Ponte Sampaio
  • CEIP Príncipe Felipe
  • CEIP San Benito de Lérez
  • CEIP San Martiño
  • CEIP Santo André de Xeve
  • CEIP Marcos da Portela
  • CPR San José