A editorais galegas entregaron os premios da Edición no Pazo da Cultura

111

O gremio editorial galego celebrou este serán en Pontevedra a X edición dos Premios Ánxel Casal, nun acto no cal a Asociación Galega de Editores reúne anualmente a representantes do sector do libro en Galicia. O acto tivo lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra e nel participaron escritores, editores, libreiros e autoridades da Xunta de Galicia e do Concello de Pontevedra.

Laura Rodríguez leu o discurso de benvida e Alfonso G. Sanmartín, expresidente da entidade leu a laudatio de Telmo Eiriz, da Editorial Galinova. O acto foi presentado por María Lado e Lucía Aldao.

Os libros finalistas, entre os cales o xurado selecciona os títulos premiados, foron elixidos polos editores mediante votación, realizada entre a proposta de candidaturas realizada por cada unha das editoriais.

O xurado estivo composto por Pilar Fernández Ruíz, bibliotecaria e directora da Biblioteca de Pontevedra; Cano Paz, libreiro da Librería Paz de Pontevedra; Alfonso G. Sanmartín, editor e ex presidente da AGE; Ramón Rozas, xornalista do Diario de Pontevedra; e Kiko da Silva, ilustrador e editor da banda deseñada.

  • Premio ao libro de ficción co que se pretende recoñecer ó mellor libro de ficción editado polos editores da AGE no ano 2014: A viaxe da Gagarin, de Agustín Fernández Paz, editado por Edicións Xerais.
  • Premio ao libro de non ficción co que se pretende recoñecer o mellor libro de non ficción editado polos integrantes da AGE durante o ano 2014: O soño galego de Julio Cortázar, de Francisco F. Naval, editado por Ediciones Linteo.
  • Premio ao Libro de poesia ou teatro, co que se pretende recoñecer o mellor libro de teatro no ano 2014: Estrela do Norte, de Luís Rei, editado por Kalandraka Editora.
  • Premio Isaac Díaz Pardo libro mellor ilustrado co que se pretende recoñecer un libro ilustrado editado polos membros da AGE e publicado en galego durante o ano 2014: Leviatán, de Ramón Trigo, editado por Kalandraka Editora.
  • Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil co que se pretente recoñecer un libro infantil editado polos membros da AGE durante o ano 2014. Escarlatina a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, editado por Edicións Xerais.
  • Premio Lois Tobio o libro traducido co que se pretende recoñecer un libro traducido para o galego editado no ano 2014. As floriñas de S. Francisco, traducido por Dario Xohán Cabana, editado por Alvarellos Editora.
  • Premio Xosefa Vilarelle ó libro educativo, co que se pretende recoñecer ó mellor libro educativo do ano 2014: As mulleres galegas. Das marchas nómadas ás marchas mundiais das mulleres, de Pepe Carreiro, editado por Baía Edicións.
  • Premio Xosé María Álvarez Blázquez ó autor ou autora co que se pretende recoñecer a traxectoria creativa dun autor ou autora: María Reimóndez.
  • Premio Rosalía de Castro á mellor iniciativa editorial co que se pretende recoñecer o traballo editorial durante o ano 2014: Colección Rescate, de Alvarellos Editora.
  • Premio Francisco Fernández del Riego á difusión do ámbito editorial e cultural do ano 2012 co que se pretende recoñecer o traballo realizado por unha persoa, empresa, entidade ou colectivo ao longo do ano 2014: Bibliotecas Escolares de Galicia.