Maratón fotográfico “Imaxes da primavera” para dinamizar o Lérez e a súa contorna

237

A Concellaría de Cultura de Pontevedra que dirixe Anxos Riveiro organiza o I Maratón Fotográfico “Imaxes de Primavera” que se celebrará o vindeiro 21 de marzo partindo do Pazo da Cultura da cidade de 10.00 h.

O principio primordial deste primeiro maratón é a posta en valor de espazos da cidade nos que se ten traballado nos últimos anos para a súa mellora, en palabras de Anxos Riveiro “O principal obxectivo de este fotomaratón é poñer en valor espazos naturais, espazos intervidos e espazos públicos como son a contorna do río, a illa do Covo e o Pazo da Cultura, focalizando a atencion nos mesmos a traverso da mirada colectiva e individual dos participantes”.

As inscripcións están abertas tanto a fotógrafos profesionais como amateurs, a partires de 16 anos de idade. A inscrición é gratuíta e poderá realizarse previamente no enderezo electrónico habilitado para tal fin (maratonfotograficopo@gmail.com) ou ben o mesmo día da realización do Maratón Fotográfico de 10.00 a 11.00 horas no punto de saída. O número de prazas está limitado a 40, priorizando o orde de inscrición.

As fotografías circunscribiranse a tres temáticas concretas: Illa do Covo, Pazo da Cultura e O río Lerez e a súa contorna. Os interesados poderán participar só en categoría dixital e as fotografías deberán ser orixinais e tomadas no día do evento.

Todo o material presentado e válido será avaliado por un xurado profesional e independente formado non só por expertos en fotografía ou en arte, senón tamén en arquitectura ou xornalismo.

Este xurado determinará aos gañadores de catro dos cinco premios posibles: Mellor fotografía xeral e mellor fotografía por categoría. Os criterios do xurado son a calidade, a orixinalidade e a creatividade da composición.  O quinto premio ao que poden optar os participantes e ao premio do publico, elixido por votación a través da plataforma Facebook.

Respondendo ao obxectivo mesmo obxectivo de dinamización e de coñecemento da cidade do que parte o evento, os premios concedidos irán na mesma liña, consistindo en diversas experiencias en varios establecementos situados en Pontevedra.

Coas fotografías resultantes realizarase unha exposición final no que se procederá á entrega dos premios. A data e lugar da mesma está sen determinar posto que é relativa ao proceso de deliberación do xurado.

O prazo de inscrición iniciouse o venres 13 de marzo e permanecerá aberto ata o mesmo día do Maratón Fotográfico ou ben ata que se complete o aforo.