Ábrese o prazo para solicitar posto no mercado de Palmas

90

A Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo, pon en coñecemento de todo o público en xeral e vendedores que, co motivo da celebración da Festividade de Ramos o vindeiro 29 de marzo do ano en curso, ábrese o prazo de solicitudes dende o 16 ao 25 de marzo para todas aquelas persoas que desexen vender palmas os vindeiros días 27 e 28 de marzo nas inmediacións da rúa César Boente, parte frontal do Mercado de Abastos da rúa Serra.

Todas as persoas interesadas deberán pasar pola oficina de Administración do Mercado sita no primeiro andar do referido Mercado Municipal para retirar a correspondente solicitude.