Cruzado o ecuador, o Salón rexistrou xa preto de 19.000 visitas, entre elas as de máis de 2.900 escolares

104

Os obradoiros e contacontos matinais concertados cos centros escolares colaboradores remataron hoxe logo de 12 días de intensa actividade. A oferta diaria para agasallar aos nenos/as que realizon traballos para o Salón do Libro foi de 2 contacontos e 5 obradoiros diferentes. Os primeiros cursos de primaria gozaron de “3,2,1 conto!!” de Pavís Pavós e o “Cientificonto” do CSIC, da man de Luisa Martínez, e tamén o fixeron algúns pequenos/as de infantil e os grupos do CEE Príncipe Felipe e Os Mecos da Asociación BATA.

5 foron os obradoiros distintos que achegaron aos nenos/as maoioritariamente a partir de 2º de primaria e ata 6º  á ciência e a ficción.

“Extracción de ADN”, impartido polo CSIC Galicia amosaba a técnica e o proceso empregando froita e lembrando sempre que a ciencia é unha cousa que require de paciencia. “Animalario” de Van Divulgación deu a posibilidade aos nenos/as de crear animales fantásticos e nunca vistos mesturando especies e inventando o nome da nova criatura.

A imaxinación e a creatividade foron indispensables para construir comunidade alieníxena e ao seus habitantes no “Peletre” de Anxo Fariña.

Xogaron coas “Ilusións ópticas” no obradoiro de Itziar Ezquieta e as capacidades do cérebro para autocompletar o percibir diferentes estímulos.

Convertéronse en científicos por un día con “A miña primeira investigación”  de Ceo Aberto descubrindo o ph da CocaCola, do leite, etc, que alimentos teñen e cal e a función do almidón.

A partir de mañá e ata o xoves terán lugar matinalmente duas funcións para centros colaboradores de educación infantil que asistirán ao espectáculo inédito de Baobab Teatro “Luppo”. Unha obra que fala das relacións dos nenos/as cos maiores e do ciclo da vida en xeral na que os 8 personaxes están feitos de cartón. A música ten un papel moi importante e poderán gozar da ópera ou música popular galega.

Este espectáculo repetirase os 3 días (17, 18 e 19) ás 18:30 horas no Auditorio do Pazo da Cultura para público familiar. As entradas, a un prezo de 3€ estarán á venda 1h. antes de cada función na nosa billeteira.

Tras algo máis de dúas semanas a valoración da participación tanto escolar como de público familiar está a ser moi positiva, acadando xa os preto de 19.000 visitantes procedentes de toda Galicia. Participan das diferentes actividades programadas no Salón, no Recinto Feiral e como non dos diferentes espectáculos como o exitoso ‘Berços de electrónica. Concertos para bebés’ de Paulo Lameiro a pasada fin de semana.