O Concello entregará a parcela única do edificio xudicial e comézase a avanzar no proxecto

77

Esta mañá reuniuse a Comisión mixta de seguimento do convenio para a construción dun novo edificio xudicial no barrio da Parda nun encontro celebrado nas dependencias da Xunta de Galicia, e ao que asistiron o director xeral do Concello e o secretario municipal.

No encontro, que se desenvolveu nun clima de diálogo e cordialidade, informouse que o Concello cumpriu a súa parte do convenio: pór a disposición da Xunta de Galicia os terreos necesarios para a construcción dos novos xulgados, tal e como xa fixera en febreiro de 2013. Naquel momento, o Concello xa era propietario de todos os terreos e remitiu á Xunta de Galicia un acordo da Xunta de Goberno poñéndoos á súa disposición. A diferencia coa actualidade, é que todos eles están inscritos tanto polo Catastro e polo Rexistro da Propiedade a nome do Concello e, ademais, todas as parcelas xa están agrupadas como unha soa de 6.600 metros cadrados, en ambos organismos.

Polo tanto, as partes acordaron que o Concello realizará un novo acordo da Xunta de Goberno Local para a transmisión da titularidade desa única parcela á Xunta de Galicia libre de cargas e gravámenes, que a súa vez terá que aceptala a través dun acordo do Consello da Xunta de Galicia.

Paralelamente, na reunión tamén se acordo que a oficina técnica do Concello manterá unha reunión cos arquitectos da Xunta de Galicia para iniciar a estudar o proxecto de construcción do edificio, e avanzar na tramitación da licenza administrativa correspondente.