Jaime Blanco descubre unha nova variedade de carqueixa boieira

172

O enxeñeiro Forestal, e recén Premio Cidade de Pontevedra, Jaime Blanco Dios vén de comunicar ao Concello o descubrimento dunha nova variedade de carqueixa boieira (Halimium lasianthum subsp. alyssoides) que se atopa nas marxes do encoro de Pontillón do Castro, na parroquia de Verducido.

Segundo as propias explicacións de Blanco Dios, trátase dun  mato moi frecuente en Galiza, que normalmente presenta flores amarelas (no documento adxunto, as que aparecen á man esquerda), pero esta nova variedade ten unha banda vermella.

Acordou chamala var. pontevedrensis.