O sábado remata o prazo de inscrición nos cursos do Centro de Información á Muller

156

O Centro de Información á Muller (CIM) remata este sábado, 21 de marzo, o prazo para inscribirse nos cursos de ioga, iniciación ao teatro e socialmedia. As persoas interesadas aínda poden presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello.

Ademais, aínda quedan prazas libres para inscribirse no curso de Defensa persoal feminina, que se fará en dúas quendas: unha de mañá e outra de tarde. A quenda de mañá comeza este luns, 23 de marzo.

Estes cursos enmárcanse dentro do III Plan Municipal de Igualdade.

 

DEFENSA PERSOAL FEMININA

 

(EN HORARIO DE MAÑÁ)

 

 

14

 

 

MULLERES

 

 

13 SESIÓNS

 

 

23/03 – 29/04

 

23, 25, 27 DE MARZO, E

13, 15, 17, 20, 22, 24, 27 E 29 DE ABRIL

 

 

09:30 H. A 11:00 H.

 

 

DE BALDE

 

 

PAVILLÓN DOS DEPORTES

(SALA TATAMI)

 

DEFENSA PERSOAL FEMININA

 

(EN HORARIO DE TARDE)

 

14

 

MULLERES

 

13 SESIÓNS

 

13/04 – 15/05

13, 14, 15, 27, 28, 29, 30 DE ABRIL, E

11, 12, 13 ,14 E 15 DE MAIO

 

16:30 H. A 18:00 H.

 

DE BALDE

 

PAVILLÓN DOS DEPORTES

(SALA TATAMI)

Na solicitude, as persoas interesadas deberán achegar fotocopia do DNI en vigor, volante de empadronamento actualizado e declaración xurada na que conste o número e nome dos cursos anteriores que o solicitante fixera co CIM. Para o curso de Defensa persoal feminina deberá achegarse declaración xurada de non padecer afeccións de columna vertebral.

Máis información en: Cursos do CIM 2015