A Casa das Campás acolle as III Xornadas ‘Represaliadas e resistentes’

154

A Concellaría de Patrimonio Histórico organiza as III Xornadas ‘Represaliadas e resistentes’, que nesta ocasión coincide coa exposición ‘Do gris ao violeta’ que se pode contemplar na Praza da Ferraría durante os meses de marzo e abril.

As xornadas terán lugar na Casa das Campás os días 26, 27 e 28 de marzo e contarán coa participación de Xosé Álvarez Castro, Montse Fajardo, Montse Dopico, Paula Godinho, Aurora Rodrigues e Pilar Allegue. Na mesa redonda do xoves 27 tamén participarán mulleres representantes de familias pontevedresas represaliadas (pendente de confirmar nomes).

As xornadas son gratuítas e non é preciso inscrición previa.

Programa das III Xornadas ‘Represaliadas e resistentes’

  • Xoves 26 de marzo
    • 19.00 horas: Mesa redonda. ‘Sobrevivir á represión e á Ditadura’. Con Montse Fajardo, Xosé Álvarez Castro e mulleres pertencentes a familias represaliadas
  •  Venres 27 de marzo
    • 19.00 horas: Conferencia de Montse Dopico. ‘Semente de mudanzas’
    • 20.00 horas: Proxección do documental ‘La memoria de las olvidadas’
  • ·Sábado 28 de marzo
    • 11.00 horas: Conferencia de Paula Godinho. ‘Propiedade privada da história e “memórias fracas”: a esquerda da esquerda e as revoltas da memória’.
    • 11.45 horas: Relatorio de Aurora Rodrigues. ‘Memoria da represión e da resistencia na Ditadura portuguesa’
    • 12.15 horas: Relatorio de Pilar Allegue. ‘Memoria da represión e da resistencia na Ditadura franquista’.
    • Remate cun coloquio