O Concello de Pontevedra coas vítimas do accidente aéreo nos Alpes

122

Unha representación da Corporación municipal de Pontevedra concentrouse hoxe, ás 12 horas, na porta da Casa do Concello para expresar a dor e o apoio institucional ás vítimas do accidente do avión da empresa Germanwings nos Alpes franceses. Unha concentración silenciosa de cinco minutos na que participaron todas as forzas políticas do Concello.