Pontevedra súmase á Hora do Planeta

180

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Medio Ambiente Natural, participa na Hora do Planeta convocada por WWF.

Mañá sábado, 28 de marzo, dende as 20.30 até as 21.30 horas, apagaranse as luces da Basílica de Santa María, o santuario da Peregrina e a Casa Consistorial.