O Concello apoia á Banda de Música de Pontevedra

103

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores asinou esta mañá a colaboración anual que o Concello mantén coa Banda de Música de Pontevedra co obxectivo de apoiar a promoción e difusión da música, así como a participación desta destacada agrupación nos distintos eventos festivos que se celebran no municipio ao longo de todo o ano.

Para esta colaboración o Concello fai unha achega de 176.950 euros.

Convenio