O Concello empeza a recibir datos sobre a calidade do aire e o ruído na cidade

181

Dende a pasada semana o Concello de Pontevedra está a recibir datos dos nanosatélites da Universidade de Vigo que permiten medir varios parémetros ambientais. Os escollidos polo de agora son o nivel de ruído e as partículas en suspensión (miden a contaminación do tráfico, das chimeneas…). Para iso instaláronse, polo de agora, tres sensores situados na praza de España, no barrio de Ponte Muíños e tamén no nó de Bombeiros.

O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera explicou “en xeral a calidade do aire é moi boa”, pero tamén está pendente de que se sumen a estas medicións os óxidos de nitróxeno, o ozono, o CO2 e o CO, así como como os anhídridos sulfurosos.

Tamén explicou que estes tres sensores iránse cambiando de situación, para obter un perfil de toda a cidade. E os datos poderanse ver en tempo real na páxina web municipal, unha vez que estean perfectamente calibrados, que será cuestión de días.

No convenio asinado coa Universidade de Vigo, tamén se contempla a colocación de sensores para medir as calidades das augas do Concello, proxecto no que se está a traballar pero aínda está pendente da instalación dos sensores.