Artistas na rúa, esta fin de semana na Ferraría

702

A Praza da Ferraría acolle esta fin de semana, de 16 a 19 horas, o novidoso programa “Artistas na rúa” que busca a naturalización das artes, rompendo cos mitos establecidos e acurtando distancias entre artistas e cidadáns. As actividades que porán en marcha pretenden permitir xuntar e amosar os artistias da cidade, promover a expresión artística, desmitificar o traballo do artista, brindar un espazo público que permita mostrar abertamente o proceso de traballo dos artistas.

A idea desta actividade é amosar unha tarde de traballo de tres artistas cada un dos días, para que a xente poida ver como é o proceso de creación. Os artistas seleccionáronse a partir dunha convocatoria pública. Pretende transportar o espazo de traballo á rúa para que os cidadáns poidan ver unha xornada de traballo de portas abertas, acurtando así distancias entre artista e cidadán, e facendo real o que está tan mitificado na concepción social da profesión do artista.

Os artistas que participarán son o sábado 11 de abril:

  • Elena Bello / Belén Andrés: A súa proposta consiste en lanzarse a crear un tecido a gran escala. Cada espectador collerá un ovillo de la, e comezar a crear direccións xogando coa contorna entrecruzando as diferentes cores que daría como resultado final unha composición abstracta tridimensional. O fin é que o participante viva a arte doutro xeito.
  • O´Ras: A súa proposta é a introducción do viandante no proceso creativo da realización dun mural de graffiti dende o seu comezo. Conducindo o suxeito por todas as fases da realización do mesmo.
  • Azalea Santiago: Co fin de interactuar cos viandantes, realizará fotografías xogando coa apertura do obturador sendo estas imprimidas unha vez feitas e cando se consiga unha mínima cantidade as cales se colocarán nun tendedeiro para desfrute dos espectadores na rúa.

O domingo, 12 de abril participan:

  • Alba Fernández: Propón unha relectura sobre cuestións contrarias á primeira vista. Interesada na construción de arquetipos en relación ao xénero, ao corpo e/ou o performático da imaxe. Para esta convocatoria desenvolverá unha intervención sobre unha tea horizontal mediante técnicas mixtas (serigrafía, pintura e intervenciónd o público con comida para paxaros) combinando dous elementos característicos de lugar e data o V Centenario do nacemento de Santa Teresa de Jesús e as pombas.
  • Alba Blanco / María Roja: Partindo dos corpos e voces das performers, e atendendo aos condicionantes externos, se establecerá un diálogo co contexto e co público que influirá directamente no proceso creativo da obra. Alterará o espazo urbano e o tránsito dos seus poboadores converténdoo nun ámbito de creación colectivo.
  • Adrián Penjido: Constrúe unha estructura/refluxio con material de refugallo recollido até o momento, pero sobre todo, e interesante por unha posible colaboración do público para conseguir máis material. A intención é, por un lado, pedagóxica/divulgativa, tomando conciencia da basura que se xera diariamente, e por outra banda tamén se pretende suscitar un cambio na percepción e na definición de basura, corrixindo os posibles prexuízos.